CANDO nun tempo tan draconiano, a nivel de matanzas xeneralizadas por todo o mundo, se producen ridículas manifestacións coma a do día de hoxe (trivialmente chamado "Festa das Forzas Armadas"), un/ha non pode senón rir, e con todo o seu amor, regresar ao tempo aquel, a aquelas palabras, no que se concentraba o poder da convocación non-violenta, no dicir de Mohandas Karamchand Gandhi (1869-1948). Como di neste fragmento de film Gandhi (1982) dirixido por Richard Attenborough, "poderán destruir o meu corpo, poderán romperme os ósos, poderán terme morto, si, poderán ter o meu cadáver,...
Ler máis/Read more...
PRESENTACIÓN do novo libro de Axóuxere Editora, Inmanencia Viral, escrito polo ensaísta mexicano Fausto Alzati (México D.F., 1979). Con este libro comezamos unha nova colección, chamada Polimnia / Cadernos de Combate; textos urxentes, contemporáneos, onde unha mestura entre a reflexión actual e a búsqueda de certezas teóricas nos leve á indagación en discursos, perspectivas, conceptos: nos leve ao artellamento de (na terminoloxía de Gilles Deleuze e Felix Guattari) "máquinas de guerra nómades", é dicir, teorías-artefacto que plantexen dicotomías antagónicas para co tempo actual.
Nesta...
Ler máis/Read more...
COMEZAN ESTE fin de semana (dende o Venres 2 de Setembro) os II Encontros de Filosofía na Costa da Morte, co tema este ano de "A Pregunta pola Música ou Pensar a Voces". Organizado por Javier Turnes (un dos introdutores do libro Chamamento, publicado por Axóuxere na colección Clío) e Pablo Seoane, músico e escritor. Entre os patrocinadores está a Universidade Cromática das Virtudes e o Concello de Cee. O Encontro realizarase todos os Venres e Sábados deste mes de Setembro, entre a Casa do Concello de Cee e a Terraza do Hórreo de Corcubión. E contará coa participación de variad@s...
Ler máis/Read more...