A comunidade perenne, a que camiña emerxendo en distintos momentos do tempo, en distintos lugares... Aquela que vive, constante, baixo o remorso do mundo, sen nome, unha e diversa; tece os fíos dun relato que se constrúe cara a diante e se comprende cara a atrás, co lume da consciencia, co encontro, co diálogo das almas que comparten o tempo seguras de andar a única dirección posíbel: a dos infinitos camiños.
O noso amigo, o escritor mexicano Lorenzo León, entre a comunidade que levaba compartindo unha semana de intercambio e convivencia creativa, paseos, lecturas, experiencias vitais,...
Ler máis/Read more...
COMEZAN ESTE fin de semana (dende o Venres 2 de Setembro) os II Encontros de Filosofía na Costa da Morte, co tema este ano de "A Pregunta pola Música ou Pensar a Voces". Organizado por Javier Turnes (un dos introdutores do libro Chamamento, publicado por Axóuxere na colección Clío) e Pablo Seoane, músico e escritor. Entre os patrocinadores está a Universidade Cromática das Virtudes e o Concello de Cee. O Encontro realizarase todos os Venres e Sábados deste mes de Setembro, entre a Casa do Concello de Cee e a Terraza do Hórreo de Corcubión. E contará coa participación de variad@s...
Ler máis/Read more...
II FEIRA IMAXINARIA CONTEMPORÁNEA
proxecto biopolítico de [anti] produción cultural
progressive decrecemento nómade
COMO XA veu sendo fonte de traballo creador o ano pasado, alá polo verán, este ano comezan, os nosos irmáns da Feira Imaxinaria, de novo a súa xira nómade arredor de Galiza, arredor dos mil mundos que porta Galiza. A 2a Feira Imaxinaria comeza xa. Apúntate ao carro. Como di o seu fraseo interno: "A Feira Imaxinaria é un proxecto biopolítico de autoxestión que se empraza como punto de encontro comunitario de [anti] produción cultural. A cultura como umbral productivo/improductivo...
Ler máis/Read more...